Este poemario, ganador del Concurso de Poesía “Ría del Eo” na súa segunda edición (2022), é, non obstante, úa obra de forte impronta interior, escrita na terra del mel y os montes de folgueira. Nun diálogo constante col paisaxe bualés, as pezas que compoñen el llibro texen úa rede de carreiros que tamén é interior en conto á súa sentimentalidá, unde as manifestacióis vitales máis diversas, dibuxan un panorama de contrastes: dende el máis fondo afogamento á esperanza lluminosa nel futuro.
Máis alló da riqueza léxica evidente, a honestidá espresiva da poeta vólvese nestas ringuileiras úa ferramenta al servicio da precisión, consiguindo úa voz eonaviega, llimpa, directa, xenuina y cotidiana. Us versos, ás veces afogadizos y ás veces agayosos, que falan del dolor da señardá y da ansiedá dos días, peró tamén da lluita contra el esqueicemento. Poesía da tresparencia, feita cua llingua del llugar y dende a perspectiva d’úa muyer esmolida polla continuidá da súa cultura.